Somos de Primeira - Arenas Mirambell
Overblog Todos los blogs Blogs principales Deportes
Edit post Seguir este blog Administration + Create my blog
MENU
Arenas Mirambell

Somos de Primeira

26 Mayo 2013, 22:33pm

Publicado por Olano

Xor-28-26-5-2013.JPGxor--28.JPG

Ascenso merecido do Mirambell ●O Asador Oforno&Areas Mirambell, conseguiu de forma matemática o ascenso e a próxima tempada xogará por primeira vez na súa historia en Primeira División de Honra. A falta de dúas xornadas para a conclusión da tempada na segunda división .O Mirambell xa ten asegurado o ascenso a Primeira. Todo un logro. ?Creo que o merecemos, faltan dúas xornadas e xa estamos ascendidos matematicamente, creo que iso foi polo gran traballo que se fixo na primeira volta, na segunda baixamos un pouco o listón pero tamén polas circunstancias,dalgunhas baixas significativas do equipo. O Mirambell conseguiu practicamente comandar a categoría ao longo da tempada, algo que non é nada sinxelo. ?Houbo un momento na tempada que xa todo o mundo nos daba por ascendidos e parecía que o que estabamos a facer era sinxelo, pero desde dentro nós sabiamos que non era así porque a categoría está moi igualada, calquera equipo pódeche gañar e ao final complicóullenos a cousa porque a segunda volta baixamos o listón e ao final chegamos máis xustos do que a xente pensaba. Ao final impúxose a lóxica, fomos os mellores da liga ao longo de todo o ano e pola fochanca dun par de partidos que tivemos de bajón non creo que merecésemos caer de onde estiveramos durante todo o ano?. Nunca na súa historia o MIRAMBELL&ASADOR OFORNO conseguira ascender a Primeira , o que deixa de manifesto o gran mérito do equipo. ?É unha ilusión, nun principio non tiñamos o obxectivo de ascender de categoría nin moito menos, o que pasa é que co paso das xornadas vimos que era algo máis que factible e agora por primeira vez na historia o Mirambell vai xogar na maxima categoría de Vigo en xogo?.En horabuena rapaces.

Comentar este post