Todo del Equipo F7 - Arenas Mirambell
Overblog Todos los blogs Blogs principales Deportes
Edit page Seguir este blog Administration + Create my blog
MENU
Arenas Mirambell

Todo del Equipo F7

, 18:06pm

Publicado por JDC Olano

patro.jpg


Tropico-1999

ARENAS MIRAMBELL F7


HISTORIAL
Corría o veran 1999 do noso señor cando por unha casualidade do destino comezou a tomar forza a niña idea de formar un equipo de fútbol 7 nun principio pra pasar unhas xornadas agradables e divertidas á beira dos amigos e practicando un pouco de algo que algúns lle chaman futbol. Con moita ilusión e agarimo comenzamos todos os preparativos, o primeiro era buscar os compoñentes do equipo, dividido en dous grupos bastante diferenciados. Os amigos, e os amigos dos amigos.Logo conseguir unha praza na competicion que naquel momento habia moitos equipos en lista de espera,e tiven unha longa e dura negociación para conseguir unha praza na devandita competicion.O noso debut produciuse na 3ª división,baixo o mítico nome Cafes O Tropico,un nome contundente para un equipo non menos implacable que se mantería nos primeiros lugares da clasificación durante toda a tempada,e sen demasiados sobresaltos conseguimos o ascenso a 2ª no primeiro ano de historia desta franquía. Aínda que non o tiña demasiado claro o patrocinador ampliou o contrato un ano máis e baixo o mesmo nome comezamos a campaña 2000/01.A tempada 01/02 vén marcada polos cambios constantes de patrocinadores. Tamén cabe destacar,que o equipo foi perdendo xogadores,e outros fóronse incorporando no equipo .Na tempada 2001/02.Alguns xogadores cambiaron de aire e outros deixaron o futbol en plan competicion,como foi o meu caso.Na temporada 2008/09 foi a mellor tempada do equipo en números, estivemos a punto de subir pero o equipo nas últimas tres xornadas tiramos ao carayo todo o bo traballo da tempada, e aínda así non subimos polo gol average.Estodeíxome moi marcado e a punto estiven de deixar o equipo ese ano. Pois vin cousas e actitudes no equipo que non me gustáron e fixen vista gorda, seguindo unha tempada mais por compromiso e sentido de responsabilidade co equipo e o novo patrocinador. Esta nova Tempada 2009/10 con novo patrocinador Restaurante O Forno,promete tras "O final de tempada brillante" unido con algunha fichaxe ilusionante e a volta ao terreo de xogo dos dous capitáns Jose Vazquez e Jose Antonio(casi en blanco por lexions) e o bo facer do resto do persoal xunto coa veterania do seu adestrador este equipo promete...(sempre que non se repeta o da tempada pasada).Pero por desgraza repetíronse os mesmos erros da tempada pasada.Parecia que o equipo tiña vertigo a hora da verdade.E como digo eu non se pode a un tempo capar e asubiar.
Visto o visto na anterior tempada.Na 2010/11 decidín coller o touro polos cornos e prescindín de varios xogadores.A operacion era arriscada pero a decisión xa estaba tomada.As novas incorporacións non defraudarón,xuntos aos veteranos do equipo, e pouco apoco o equipo foise metendo na liga, a pesar dalgunhas baixas por lesión,e aínda asi apunto estivemos de subir.Estando vivos ata as últimas xornadas.Agora só resta a merecida cea para negociar o patrocinio da próxima tempada. E despois tomarse unhas mercidas vacacións,para afrontar con ilusion a próxima tempada.

A primeira tempada iniciamola os seguintes xogadores:
Toño(porteiro)Cesar,J.Antonio,Vazquez,Olano,Oscar,Suarez,Maikel,Rafa,Landi,
Vilas,Rober,Dario,Gerar,Conde,Pepe e Chispi.

Con este persoal debutamos en terceira division,subindo esa mesma tempada a segunda division,como segundos do noso grupo.Co nome de Cafes o Tropico.Nos seguintes anos incorporáronse novos xogadores:
Beni,Jonas,Charli,Barreiro,Jandro,David,Picos,Moix,Oscar,Borja,Kapa,Chema, David(porteiro),Marcos,Moncho,Fran,Jose Manuel,Diego,Miguel,Pablo,Rama,Alvaro e Bernar.
Na tempada 2001/02.Alguns xogadores cambiaron de aire e outros deixaron o futbol en plan competicion,como foi o meu caso.
Plantilla do ascenso.Tempada 1999/2000:
Cesar,Landi,Vilas,Dario,Gerar,Conde,Rafa,Rober,Miguel,Oscar,Chispi,Toño,
Vázquez,Pepe,Olano.

Plantilla do ascenso a 1ª.Tempada 2012/2013:
Jonas,Oscar Perez,Quique,Ruben,Oscar Prieto,Toni,Gonzalo,Barre,Cesar,Edu,Fran,Sergio,Ivan.
Salva,fotos e video.


2-montaxe.JPG


BALANCE BRILLANTE ●Unha tempada máis, A tempada 2012-13 finalizou. Hai que agradecer a xogadores (mágoa do borrón final) a boa tempada realizada,e ascenso a primeira. Nos 30 partidos disputados, anotáronse un total de 103 goles e recibíronse 42 goles(quedando como equipo menos goleado .) Gañáronse 20 empatamos 6 e perdéronse 4.Foron 9 meses onde todos gozamos do deporte. Todos os xogadores esforzáronse e traballaron ao máximo. Dende este blogue, dámoslle o parabén a cada xogador que defendeu a elástica negra nesta tempada, levando o nome de Asador o Forno a todos os campos da mellor maneira,sempre facendo vo fútbol. ¡¡O BALANCE DEPORTIVO FOI MOI SATISFATORIO!!
No apartado de goleadores hai que destacar a varios xogadores:Empezaremos polo Capi Jose Vázquez. Un gran xogador, con clase, vision, e olfacto goleador,con doce goles.
Francisco "Fran" Con gran velocidade e olfacto goleador, como nos ten aconstrumbrados desde tempadas anteriores. O pichichi do equipo con 31 goles.
Ivan.Debutante esta tempora,que coa súa velocidade,asistencias e presión marcou 16 goles.
Sergio.Que tempada a tempada vai a mais, que coas súas subidas pola banda logrou 13 goles.
Seria inxusto que non mencionase a outros membros do equipo.
O noso Zamora Jonas,que realizou unha tempada fantastica,con escudeiros como Osacar Perez o veterano Quique.O noso crack David Barreiro, con gran vision de xogo (a pesar de ir con resaca algúns partidos), con gran tecnica de balon e caneo.Gonzalo,leste" mozo veterano"con calidade, clase e espiritu competitivo contaxio ao equipo cara ao triunfo.Edú gran xogador que atesoura calidade e loita, só fáltoulle marcar mais goles.Toni que dipuso de poucos minutos,pero tamen puxo o seu granito de area polo ben do grupo.Óscar Prieto,todo pulmon e potencia fisica deulle ao equipo equilibrio nos balóns aereos.
O máis importante é a piña que hai no equipo
Falamos moitas veces entre nós, non só cando as cousas van mal senón tamén cando han ir ben. Ímonos a cear moitas veces na tempada. A piña que hai creo que é o máis importante, e por iso seguimos facendo o fútbol que se ve no campo, salga mellor ou peor, pero sempre coa mesma esencia.
Cesar que se pasou a tempada en branco loitando coa sua lexión do final da tempada pasada,pero sempre estivo ahi apoiando ao equipo e que se incorporará a proxima tempada. Tamen ao noso patrocinador Constante e a sua muller propietarios do RESTAURANTE ASADOR OFORNO, que tan ben nos trata cada vez que imos cear, e o seu incondicional apoio económico a o longo de estos últimos anos.A tempada que vén afrontaremos un novo e duro. reto.
Agora toca descansar e desconectar do equipo, e centrarse nas vacacións.

 MÁXIMOS ARTILLEROS DO EQUIPO ARENAS MIRAMBELL 

FRAN
GOLES: 31

xogador-.gif
amarilla *2*

IVAN
GOLES:16

xogador-.gif
amarilla *2*

SERGIO
GOLES:13

xogador-.gif
amarilla *0*

VAZQUEZ
GOLES:12

xogador-.gif
amarilla *4*


Ver Cuadro Honor F-7.2012/13


Trof.jpg


► CATRO COPASTrofeos f7Trofeos f7Trofeos f7Trofeo
► DOUS TROFEO ZAMORAzamora.jpg.jpgzamora.jpg.jpg
► TROFEO DE VERANTrofeos f7
► UNHA MEDALLAmedallaenxogo.jpg
► TROFEO A DEPORTIVIDADETrofeo


Levaba tempo dándolle voltas e creo que vai sendo hora de que outro colla as rendas do equipo.Depois de mais de catorce anos como responsable do equipo,tomo a decisión de deixar o equipo por razóns estrictamente persoais.Considero que esta decisión é o mellor para o equipo nestes momentos,aínda que sexa difícil pra min.E sincera e honestamente considero que outra persoa debe asumir o reto de dirixir ao equipo e creo que ao equipo viralle ben como revulsivo.É unha decisión muy meditada,e que non ten marcha atrás.Creo que hai equipo para manter a categoría a condición de que todos remedes cara ao mesmo lado.Desexo que respectedes a miña decisión.Voume sen rancor con ninguén e deséxovos o mellor pra todos.Quixese agradecer a todos os xogadores que pasaron polo equipo o meu agradecimiento, compresión e respecto durante todos estes anos que estivemos xuntos.Tamen quero agradecer aos patrocinadores que nos apoiaron,especialmente a Constante e a súa esposa propietarios do Asador Oforno.Que a pesar trala situacion economica que atravesa o noso pais non dubidaron en apostar por un proxecto nado da ilusión de catro tolos amantes do futbol.Sinceramente grazas Constante.Jose De Castro.Delegado Fundador do equipo 1999-2014.
El blog seguira funcionando pero de forma distinta.

firma Olano

Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas
Ceas e noite de copas

Ceas e noite de copas

Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7
Galeria de plantillas del equipo F7

Galeria de plantillas del equipo F7